Inicio - Asociación Xornaga 
Logotipo Xornaga

Calendario


>> Ver calendario en grande

Ligazóns

  •  
  •  

1. Competencia xeral

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este/a técnico/a son:

Xestionar os recursos naturais e paisaxísticos, programando e organizando os recursos humanos e materiais e os traballos necesarios para acadar os obxectivos de produción e de protección do medio natural.

Este/a técnico/a actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos/as, enxeñeiros/as ou licenciados/as e/ou arquitectos/as técnicos/as ou diplomados/as.

 

2. Capacidades profesionais

2.1. Capacidades técnicas

  • Posuír unha visión global e integradora dos medios humanos, materiais e económicos que del/a dependen.
  • Colaborar na realización de estudios de impacto ambiental e no control de vertidos de residuos e contaminación do medio.
  • Analizar e valorar a información técnica sobre os plans de actualización, as actividades para desenvolver e os problemas que se presentan, adoptando as medidas adecuadas para acadar os obxectivos.
  • Analizar e actualizar permanentemente a documentación e directivas sobre a política agraria comunitaria e a súa repercusión na estatal e na autonómica.
  • Xestionar os espazos naturais, revisando e/ou executando os labores de control de flora e fauna, así como de vixilancia sobre a degradación do medio físico e de prevención e extinción de incendios nel.
  • Supervisar e/ou manexar a maquinaria, as instalacións, os apeiros e o instrumental propios da actividade, e organizar o seu mantemento.
  • Realizar a comercialización dos produtos e reunir información sobre mercados, prezos e distribución.
  • Programar e/ou realizar actividades de desenvolvemento rural.

 

2.2. Capacidades para afrontar continxencias

  • Relacionarse con entidades e organismos que realicen investigación para estar actualizado/a nas innovacións que se produzan e que lle poidan afectar á empresa.
  • Detectar e transmitir con rapidez as anomalías observadas no espazo físico obxecto de actuación e adoptar as medidas correctoras oportunas, así como executar aquelas que se indiquen.

 

2.3. Capacidades para a dirección de tarefas

  • Distribuír, coordinar e supervisar, de ser o caso, o traballo dun grupo de técnicos/as de nivel inferior, comprobando que cumpren os criterios de seguridade, calidade e económicos establecidos.
  • Decidir con rapidez as medidas para tomar ante unha avaría nos equipamentos e nas instalacións, ou ante circunstancias meteorolóxicas e ambientais adversas, realizar as modificacións que proceda e emitir o correspondente informe.
  • Planificar e controlar sobre o terreo os traballos propios da restauración, o mantemento, a defensa e o aproveitamento dos recursos forestais, así como os de instalación e conservación de parques e xardíns, harmonizándoos co contorno ecolóxico do espazo obxecto de actuación e vixilando o cumprimento da lexislación vixente.
  • Promocionar e controlar as actividades de protección e conservación do medio natural.
  • Controlar e supervisar as operacións de reprodución, multiplicación e cultivo de diferentes especies vexetais.
  • Controlar e supervisar as operacións de extracción dos produtos forestais.
  • Xestionar, administrar e planificar ao seu nivel unha explotación forestal ou de xardinaría adoptando procedementos, programando actividades, elaborando instrucións e organizando e distribuíndo os recursos dispoñibles.
  • Organizar e supervisar as instalacións de viveiros e invernadoiros con aplicación da tecnoloxía e información propias da xardinaría.
  • Organizar e controlar as medidas de protección sanitaria e do medio natural, así como o cumprimento das normas de seguridade e hixiene.
  • Manter relacións fluídas cos/as membros do grupo funcional en que está integrado/a, responsabilizándose da execución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos/as demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten con actitude tolerante cara ás ideas dos/as compañeiros/as e subordinados/as.
  • Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das súas realizacións ou as dos/as seus/súas subordinados/as no marco das normas e plans establecidos, e consultar cos seus/súas superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

 

2.4. Capacidades para adaptarse ao medio

  • Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, na organización laboral e nos aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

 

3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo

A este técnico/a, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos/as de nivel superior ao seu, requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

  • Organización e xestión de explotacións forestais e empresas de xardinaría, así como de empresas de servizos vinculados co sector ou de comercialización en réxime empresarial ou cooperativo.
  • Elección e supervisión dos materiais vexetais contemplados no proxecto de xardinaría ou forestal.
  • Organización dos recursos da empresa, aplicando os métodos de xestión técnico-económica adecuados.
  • Organización de actividades de desenvolvemento rural.
  • Supervisión e control das condicións e cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo.
  • Resposta ante as continxencias, exposición de posibles solucións e resolución dos problemas ou as incidencias que xurdan na realización do traballo.
  • Organización e control dos rendementos do traballo realizado polo persoal baixo a súa responsabilidade.
  • Programación, organización e distribución dos traballos, cun óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles.
  • Aplicación dos métodos de medida e control ás unidades de produción ao seu cargo.
  • Planificación do mantemento e da xestión de parques de maquinaria e instalacións.
  • Elaboración e execución de plans de loita integrada contra as pragas baixo a supervisión correspondente, con control da toma de mostras e o seu tratamento.
  • Detección das desviacións cualitativas e/ou cuantitativas nas actividades sobre as que ten responsabilidade e sobre os parámetros de restitución previstos, tomando decisións concretas.
  • Situacións ou elementos que afecten á seguridade ou ás condicións ambientais no ámbito da súa competencia.
  • Supervisión da toma de mostras para o control do medio natural e sinalización do espazo natural obxecto de actuación.
  • Análise e elaboración da información técnica e dos datos obtidos, así como da lexislación e a política agraria autonómica, estatal e comunitaria. Negociación das operacións de compra dosmedios de produción e de comercialización dos produtos no ámbito da súa competencia.

 

4. Unidades de competencia

  1. Organizar e xestironar unha empresa agraria.
  2. Programar e controlar o aproveitamento dos recursos forestais.
  3. Programar e controlar as operacións de restauración, mentement, defensa e ordenación dos recursos forestais.
  4. Programar e controlar os traballos de instalación e mantemento de parques e xardíns, revexetación do medio natural e restauración da paisaxe.
  5. Organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, da maquinaria e dos equipamentos dunha empresa agraria.
  6. Programar e controlar as actividades de uso público e de conservación do medio natural.
  7. Programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

 

 

Toda a información:

Decreto 284/2004, do 18 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos.